Xuño 17, 2010

A REFORMA DO MERCADO DE TRABALLO

Hoxe publícase no BOE o RD Lei no que se aproban as medidas para  a reforma do mercado de traballo

http://www.boe.es/boe/dias/2010/06/17/pdfs/BOE-A-2010-9542.pdf

Setembro 8, 2008

Una sentencia ejemplar

Sentencia Algarrobico Los jueces nos demuestran con sentencias como ésta que todavía quedan esperanzas para los que luchan por un mundo más justo. Es cierto que todavía no es una sentencia firme y que es fácil prever que su ejecución será complicada, pero es un paso de gigante.

La lectura del fundamento jurídico séptimo  casi me arranca las lágrimas, dan ganas de levantarse, aplaudir y patear.
Enhorabuena a los recurrentes, Salvemos Mojacar, y Ecologistas en Acción, enhorabuena a Greenpeace que sin ser parte en el recurso ha invertido múltiples esfuerzos en hacer que todos conozcamos este caso y enhorabuena a un juez que honra su profesión y nos devuelve a muchos la fe en nuestro sistema judicial.

Xaneiro 11, 2008

UNHA NOVA POSIBILIDADE DE OPTAR Á NACIONALIDAD ESPAÑOLA


 

 Por Ana Badía-obufete

A aprobación da lei 52/2007 pola que se recoñecen e amplían os dereitos e se establecen medidas en favor dos que padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a dictadura, coñecida como “da memoria histórica”  introduce, no marco xurídico español, unha nova posibilidade de adquirir a nacionalidade pola vía da opción.
 
Dende a aprobación do Estatuto da Ciudadanía Española no exterior pola lei 40/2006 o goberno adquirira o compromiso de cumprir coa demanda de múltiples colectivos sociais que solicitan o recoñecemento da nacionalidade aos descendentes de españois. Na súa disposición adicional segunda otorgábase un prazo de seis meses para promover unha regulación do acceso a nacionalidade nese senso.
 
O compromiso puido plasamarse no proxecto de lei de Adopción Internacional no que se propuso inicialmente a modificación do Código Civil coa que se permitía que os fillos de españois, que non naceron en España por ser ós seus pais e avós emigrantes, poideran chegar a adquirir a nacionalidade española. O proxecto de lei aprobouse finalmente sen incluir esta reforma do Código Civil, pero ó compromiso que adquirira o Executivo levouse á redacción do proxecto da lei 52/2007.
 
Na discusión parlamentaria recolléronse parte das reivindicacións dos colectivos sociais que demandan melloras na regulación da aquisición da nacionalidade.
A maioría dos grupos parlamentarios estaba de acordo sobre a necesidade  da modificación do código civil para dotar de máis seguridade a proposta do goberno e o senador do BNG como membro do grupo parlamentario mixto do Senado subliñou ós problemas que, a efectos electorais, podería ter éste recoñecemento sen unha previa modificación da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral.
 
Finalmente a lei aprobouse, aínda có voto en contra de ERC e o PP.  A redacción final contempla unha nova posibilidade de acceso á nacionalidade española.
 
A  disposición adicional sétima da lei  outorga o dereito de opción pola nacionalidade
aos fillos de pais o nais que foran españois de orixen e aos netos dos que perderon ou tiveron que renunciar a nacionalidade española como consecuencia do exilio.
Este dereito de opción poderá exercitarse no prazo de dous anos dende a entrada en vigor desta disposición adicional que o será un ano despois da entrada en vigor da lei (disposición final segunda). Polo tanto a partir do 28 de decembro de 2008 comeza o plazo de dous anos para a formalización desde dereito.
 
Na lei 52/2007 non se especifican maiores requisitos para exercitar este dereito de opción, entendendo logo que haberá que acudir ó Código Civil e a lexislación complementaria para concretar ó xenérico da redacción desta lei.