UNHA NOVA POSIBILIDADE DE OPTAR Á NACIONALIDAD ESPAÑOLA
Por Ana Badía-obufete
A aprobación da lei 52/2007 pola que se recoñecen e amplían os dereitos e se establecen medidas en favor dos que padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a dictadura, coñecida como “da memoria histórica” introduce, no marco xurídico español, unha nova posibilidade de adquirir a nacionalidade pola vía da opción.
Dende a aprobación do Estatuto da Ciudadanía Española no exterior pola lei 40/2006 o goberno adquirira o compromiso de cumprir coa demanda de múltiples colectivos sociais que solicitan o recoñecemento da nacionalidade aos descendentes de españois. Na súa disposición adicional segunda otorgábase un prazo de seis meses para promover unha regulación do acceso a nacionalidade nese senso.
O compromiso puido plasamarse no proxecto de lei de Adopción Internacional no que se propuso inicialmente a modificación do Código Civil coa que se permitía que os fillos de españois, que non naceron en España por ser ós seus pais e avós emigrantes, poideran chegar a adquirir a nacionalidade española. O proxecto de lei aprobouse finalmente sen incluir esta reforma do Código Civil, pero ó compromiso que adquirira o Executivo levouse á redacción do proxecto da lei 52/2007.
Na discusión parlamentaria recolléronse parte das reivindicacións dos colectivos sociais que demandan melloras na regulación da aquisición da nacionalidade.
A maioría dos grupos parlamentarios estaba de acordo sobre a necesidade da modificación do código civil para dotar de máis seguridade a proposta do goberno e o senador do BNG como membro do grupo parlamentario mixto do Senado subliñou ós problemas que, a efectos electorais, podería ter éste recoñecemento sen unha previa modificación da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral.
Finalmente a lei aprobouse, aínda có voto en contra de ERC e o PP. A redacción final contempla unha nova posibilidade de acceso á nacionalidade española.
A disposición adicional sétima da lei outorga o dereito de opción pola nacionalidade
aos fillos de pais o nais que foran españois de orixen e aos netos dos que perderon ou tiveron que renunciar a nacionalidade española como consecuencia do exilio.
Este dereito de opción poderá exercitarse no prazo de dous anos dende a entrada en vigor desta disposición adicional que o será un ano despois da entrada en vigor da lei (disposición final segunda). Polo tanto a partir do 28 de decembro de 2008 comeza o plazo de dous anos para a formalización desde dereito.
Na lei 52/2007 non se especifican maiores requisitos para exercitar este dereito de opción, entendendo logo que haberá que acudir ó Código Civil e a lexislación complementaria para concretar ó xenérico da redacción desta lei.