Febreiro 20, 2007

PRÓXIMA REFORMA DO CÓDIGO CIVIL

 

A Lei 40/2006 do Estatuto da cidadanía española, contemplaba, como xa se comentou nesta páxina, na súa Disposición Adicional 2ª unha previsión sobre a que algúns de nós, despois de anos de promesas éramos algo escepticos dicía así: 
El Gobierno en el plazo de seis meses desde la entrada en vigor de esta Ley promoverá una regulación del acceso a la nacionalidad de los descendientes de españoles y españolas que establezca las condiciones para que puedan optar por la nacionalidad española, siempre que su padre o madre haya sido español de origen, con independencia del lugar y de la fecha de nacimiento de cualquiera de ellos.
Para sorpresa de descreídos o Goberno aprobou o pasado día 9 de febreiro o Anteproxecto de Lei de Adopción Internacional na que inclúe a esperada modificación do código civil.
Cós cambios previstos permitirase que os fillos dos españois que non naceron en España e, sobre todo os, netos de españois nacidos no estranxeiro, poidan adquirir a nacionalidade española, porque deixará de esixirse que os seus pais naceran en España, deste xito poderán adquirir a nacionalidade destes incluso cando os pais accederan a nacionalidade cando eles eran maiores de idade.
O Código Civil vixente esixe, para optar a nacionalidade española que o pai ou nai de quen a solicite fora orixinariamente español e, ademáis que teña nacido en España, deste xeito, os netos de emigrantes españois cuios pais non naceron en España teñen vedado o acceso á nacionalidade. A reforma do Código Civil elimina como xa comentamos o requisito do nacemento en territorio español, permitindo o acceso dos netos á nacionalidade.
Todo isto se non se producen cambios na fase de tramitación parlamentaria, en calquera caso unha boa nova.

Posted by admin under Nacionalidad |

Deixar un comentario »

Semente RSS para os comentarios desta anotación. | URI para o Rastro(Trackback)

You must be logged in to post a comment.